¿Qué é Rede Mentoring?

Se es empresario e enfrontas un reto, Rede Mentoring é un servizo de BIC Galicia para ti, sexa cal for o tamaño da túa empresa. Cóntanos cal é o teu reto, que área de actividade precisas optimizar, e poderás dispor da axuda dun profesional experto. E todo de xeito gratuíto.

O proceso é moi sinxelo e eficaz: tras expor as túas necesidades, buscaremos un mentor coas habilidades e a experiencia axeitadas para o teu campo de actividade. Unha vez seleccionado, o experto reunirase contigo durante catro sesións de traballo, durante as que irá ofrecendo a súa análise e as opcións de mellora para superar o reto con éxito.

E o mellor de todo: funciona. Dende a súa creación en 2008, Rede Mentoring realizou xa moitas mentorizacións en áreas tan dispares como internacionalización, financiamento, renovación do modelo de negocio, recursos humanos, organización… O equipo de mentores de Rede Mentoring acumula talento e experiencia: son profesionais de empresas moi diversas, moitas delas líderes en Galicia.

Se a túa empresa enfronta un reto, en Rede Mentoring atoparás un apoio gratuíto de máximo valor. Non deixes escapar esta oportunidade: ¡chámanos!