Divulgación — 08 Maio 2012
O protocolo e a empresa

Esta semana falaremos da importancia que ten o protocolo na nosa empresa. O protocolo abarca todos os campos da actividade humana. Hoxe en día, a súa práctica é realmente requirida en institucións privadas de todo tipo. O sector empresarial xa domina as relacións humanas, pero estas, en cada recuncho do mundo, esixen comportamentos diferentes que é preciso adecuar a cada situación. Así, ao emerxer as empresas como actores principais da vida cotiá, requírese cada vez máis dispor de persoal altamente cualificado en todas as facetas de actividade, entre as que destaca o protocolo.

En toda corporación na que os directivos desexen proxectar unha imaxe de seriedade, eficiencia e competitividade con calquera homólogo nacional ou estranxeiro, é necesario prestar atención ás prácticas protocolarias nas relacións humanas, tanto dentro como fóra da institución.

Dar importancia ao protocolo convén en todos os ámbitos, pero é indispensable para cargos medios e altos que están en permanente contacto con clientes e outras persoas. Na práctica, a miúdo preséntanse conxunturas que requiren de coñecementos especializados sobre funcións protocolares para enfrontar e resolver diversas situacións con prontitude, eficiencia e bo xuízo.

O protocolo ten moitas vertentes, pero debe estar presente, por exemplo, en…

  • o executivo, a súa imaxe e a súa proxección empresarial;
  • a comunicación verbal e escrita, dentro e fóra da corporación;
  • o saúdo e as presentacións entre executivos;
  • o comportamento dos executivos na empresa; e
  • o comportamento de altas autoridades e de executivos de mandos medios nas viaxes de negocios.

Relacionados

Compartir

(0) Comentarios

Deixa un comentario

A túa dirección de correo electrónico non será públicada Os campos requeridos están marcados *

*

Pódense empregar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>